segunda-feira, 18 de março de 2013

Prestación vertical

Racho impertinencias desde un dosel suicida de veludo.
Cálido o feito de ver non-gozar.
Preciso trazar un inverno sen neve nin velocípedos químicos
cuxos vórtices amalgaman paixóns mortuorias.

Miro aos ollos unha serpe sen cabeza e sinto que penetra
a miña caveira pola cunca ocular que me roubou.
Deixei o piso, as chaves no lixo e a porta de par en par
onde testemuñas de Jehová montan unha rave
á que endexamais me convidarían.

Á beira da estrutura enrugada que me albergou
en lapsos irregulares escollidos por min e por Greenwich,
decido pór fin á dor de uñas e deixalas descansar
en pel allea preinerte.


Sem comentários:

Enviar um comentário