sábado, 16 de março de 2013

Fisting

Unha noite fíxome un fisting brutal.
Cando sacou a man, unha figura estraña e moi vermella
latexaba con ledos estertores contra o interior do seu puño.
Observei o contraste entre ese vermello e a cor dos seus ollos baleiros
antes de imbuírme do fluxo de datos e acabar por caer de cu,
putrefacta e lisérxica,
[des-
[organ-
[izada.

Logo abrín un ollo fluorescente
e sentín que caía a través dun buraco de barolo
dalgún colchón antepretérito.

Aí comecei a tomar en serio o consello dun chupa chup fumado
e saquei o chicle do meu interior;
mais non estaba xa e sen querer deime a volta,
turrando de algo rosa que era músculo e carne premorta.

Traerasme flores tan vermellas coma o meu chicle?

Sem comentários:

Enviar um comentário