quarta-feira, 30 de novembro de 2011

Gatoserpe

É triste confundir a luz que bota

unha farola coa do sol.

Estou tan afeita á escuridade

que son un dos gatos

máis tristes da noite.


A póstuma ponzoña

da serpe vencida

aniñará nestas veas

mestas de alquitrán,

e nunca máis deixarei

que a luz chuegue aos gatos.


Que a tristeza nos embriague

outra centuria máis,

até a absolución impertérrita do mañá.


Entre as fragas gravarei esta disposición,

á calidez da lúa chea

e co murmurio de pólas,

paxaros e monstros.

Sem comentários:

Enviar um comentário